jueves, 28 de junio de 2012

DESPEDIDA...

Queridas familias:
Espero que disfrutedes con este blog.
Nel podedes ver algunhas das actividades que desenvolvimos na aula.
Normalmente vedes en casa o resultado.
A través destas fotos veredes parte do proceso.
Os mellores desexos para o verán.
Un saúdo.

NOEMÍ
Pouco a pouco os vermes foron crecendo, e poidemos ver todo o proceso.

Aquí tendes as fotos que o demostran.


VERMES DE SEDA 2ª PARTE
Durante os dous últimos meses de clase tivemos a sorte de ter vermes de seda.
Disfrutamos véndoos, dándolles de comer e investigando sobre a súa vida.
Aquí tedes unha primeira tanda de fotos.

VERMES DE SEDA 1ª PARTE

martes, 8 de mayo de 2012

Un día na biblioteca vimos un libro onde explicaban como facer un dragón... Non fixo falta máis para poñer mans á obra. Pintamos, preparamos, eleximos os ollos e... traballo feito! Xa temos un dragón para xogar!!


 

domingo, 6 de mayo de 2012

O pasado día 23 de abril as nenas e nenos de educación infantil reunímonos na biblioteca do cole para desfrutar dos contos. A clase de tres fíxonos desfrutar co conto dos "Sete cabritiños"; os de catro dramatizaron "A toupiña que quería saber quen fixera aquilo na súa cabeza", e os de cinco contaron o conto dos "Chibos chibóns". Aquí tendes unha pequena mostra do ben que o pasamos. Para rematar preparamos uns marcapáxinas cos que decorar o mural do cole do Día do Libro.


 

martes, 24 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO 2012

No día do libro desfrutamos con este corto que logrou o Óscar á mellor curtametraxe de animación en 2011. Merece a pena.

jueves, 19 de abril de 2012

O SISTEMA SOLAR

Durante algunhas semanas traballamos sobre o sistema solar. Fixémonos moitas preguntas, aínda que atopamos só algunhas respostas. Compartimos materiais de casa, da biblioteca, de outras aulas... Planificamos e construimos unha nave para facer viaxes estelares. Pero sobre todo disfrutamos moito xuntos de todo o proceso. Esperamos que vos guste!!